Diego Seoane: Gran Futbolista, Mellor Persoa


Onte, veu ao noso cole, o famoso futbolista DIEGO SEOANE. Foi unha grandísima sorpresa, para todos os nenos/as! 


En chave de entrevista, a profe Marta, seguida de catro alumnos/as, procedeu a dárnolo a coñecer: como foi a súa vida de neno e adolescente, que sacrificios tivo que realizar, que papel lle deu ao estudo..., e, por suposto, CAL É O SEU OBXECTO VALIOSO. Todo isto, aderezado con numerosas fotografías proxectadas na pantalla do ximnasio.

A continuación, houbo unha quenda de preguntas, por parte de todos os nenos do cole, ás que Diego contestou con cariño e gran paciencia.

Diego Seoane, en 21 Preguntas 

1.- Cando te deches conta de que te querías adicar ao fútbol? 
2.- Que é o que máis che gusta do teu traballo?
3.- Que cousas tiveches que sacrificar, para adicarte ao fútbol, de xeito profesional?
4.- Fálanos da importancia e do que conleva unha vida saudable: alimentación, exercicio, descanso...
5.- Como é o teu día a día?
6.- Fálanos da importancia da disciplina no teu traballo.
7.- Cóntanos en que sitios xogaras, como foron os cambios na túa vida (cambios de país, idioma, alimentación...), e como foi estar lonxe da túa familia. 
8.- Canto de importante cres que é ser humilde, ter os pés na terra, e non deixar os amigos de lado.
9.- Cales foron os mellores momentos no teu traballo?
10.- Houbo momentos malos? Cales foron?
11.- Que é o menos bonito deste mundo futbolístico, no que vives, cada día? 
12.- Cal foi o equipo no que mellor estiveches, e por que?
13.- Cres que a motivación é importante no teu traballo?
14.- Fálanos sobre a importancia de crer nos teus soños, de loitar polo que queres na vida, sabendo que o esforzo é, sempre, o mellor aliado.
15.- Cres que é importante estudar, ademais de xogar ao fútbol? Se así o cres, por que?
16.- Que cres que é máis importante: o traballo en equipo, ou ser un xogador moi, moi bo, e facelo todo ti so.
17.- Cóntanos cantos dos teus amigos futbolistas se quedaron polo camiño, e chegaron a adicarse a outras cousas, a pesar de ser moi bos deportistas.
18.- Dinos que é o que máis che gusta do mundo.
19.- Cóntanos que detestas.
20.- Cal é o teu maior soño?
21.- E o teu maior vicio?


 Trala rolda de preguntas, finalmente, Diego fíxose fotos con todos os nenos do cole que o desexaron.



Comentarios