I Xornada Lobeira en Galicia








O pasado sábado, 13 de outubro, a profe Mónica García (teacher) asistiu á I Xornada Lobeira de Galicia. Foi en Carballedo (concello de Cerdedo-Cotobade).



Ao comezo da xornada, Francisco Lema, veterinario e naturalista, púxonos uns vídeos abraiantes sobre lobos. Parte deses vídeos, e mais outros, pódense visualizar no seu CANLE de YOUTUBE: "DE RE NATURAE". Aquí, vai un exemplo:




Tanto Francisco Lema coma Miguel Mosquera aportaron numerosos e interesantes datos sobre os lobos, en Galicia: número de exemplares; porcentaxe de población, por provincias; zonas de máxima ocupación; relación do lobo co home e co gando, na nosa comunidade; tempadas e costumes de cría, etc.

Carlos Sanz, biólogo de "El Hombre y la Tierra", contounos innumerables anécdotas do programa, e mais nos presentou o se actual proxecto: "Centro del Lobo Ibérico", en Robledo de Sanabria (Puebla de Sanabria, Zamora). 




Se tedes curiosidade, ou queredes visitalo, aquí, abaixo, está a ligazón á páxina:

Falamos, tamén, do enorme esforzo realizado por Félix Rodríguez de la Fuente, na defensa do lobo ibérico, que, por aquel entón, estaba a ser masacrado -aínda que, como puntualiza a súa filla Odile Rodríguez de la Fuente, sempre tendo en conta as necesidades do gandeiro-.

Compartiu esta bonita lembranza do seu pai, cando era un neno de 11 anos que presenciaba, por primeira vez, unha batida de caza contra o lobo:

"Viendo aquel animal hermosísimo, comprendí que era, quizá, la más acabada representación de la fuerza, del palpitar del corazón de la Madre Tierra..., y, en un segundo, decidí que aquel cazador no podía matar al animal; dando un salto, corrí hacia el lobo, diciendo: <márchate, vete, no entres en nuestro puesto, que te van a matar...>".


En EE.UU., prácticamente acabaron cos lobos. 
Pero he aquí o caso  de reintrodución de lobos no Parque Nacional de Yellowstone. O resultado parece cosa de maxia:

























Comentarios